Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

O CADERNO VERMELLO

€8,00
ISBN 9788494540356
Tomou o seu título, por decisión da súa parente, a baronesa Charlotte de Constant, da cor das tapas do caderno no que Benjamin Constant escribiu este relato, malia que el escollera o máis clásico Ma vie.

 Foi ela así mesmo quen o editou por vez primeira en 1907, ano no que apareceu tamén na Revue des Deux Mondes. Como se precisa nunha das pasaxes do texto, Constant escribiuno aos corenta e catro anos, e nel céntrase nos seus primeiros vinte anos de vida, de 1767 a 1787, aínda que máis da metade está dedicado a este último ano, cando se interrompe de xeito abrupto. A instancias do pai, Constant vai entrar ao servizo do duque de Brunsvic, aceptando así un estado na sociedade e o sometemento á autoridade paterna e deixando atrás a falla de compromiso propia da mocidade.
Aínda que existe a tentación de facer unha lectura biográfica, este relato, celebrado por persoeiros tan diversos como Italo Calvino, Jules Michelet ou Jean Jaurès, inscríbese de maneira voluntaria na tradición literaria, emparentando non sen ironía con motivos da picaresca e a novela de formación. Deste xeito, a través da figura deste mozo impulsivo e intrigante, adorado por uns e odiado por outros, vanse enfiando barrabasadas xuvenís e sucesos xocosos e traxicómicos, unindo á aceda axilidade dos contos de Voltaire ou da Viaxe sentimental de Sterne, a ironía constante e a lucidez á hora de observar o comportamento humano e as súas contradicións.

____

Editorial: Hugin e Munin
Idioma: Gallego