Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

APOTEOSE DAS PERCHAS

€15,00
ISBN WP2858
Tommaso Bonnano é un xove mendigo que gaña o pan nun barrio napolitano ate que, no que semella un momento de arroutada, intenta matar a paus a un home...

Tommaso Bonnano é un xove mendigo que gaña o pan nun barrio napolitano ate que, no que semella un momento de arroutada, intenta matar a paus a un home. Pero nada neste mundo é sinxelo e o protagonista é un firme defensor da idea de que cada un ten que facer na vida o que lle toca ou, segundo el o expresa, “cada quen ten que viaxar no lugar que lle corresponde” cousa esta que aprendeu a bordo do maxestoso Spirit of the Seas, o barco no que traballou antes de adicarse a mendicidade. Catro asasinatos sen resolver completan a trama deste divertimento napolitano. Xesús Constela (Ferrol 1963) é licenciado en filoloxía inglesa pola Universidade de Salamanca e ten publicadas varias obras. En 2003 gañou o Premio Torrente Ballester con As humanas proporcións, obra que fora galardoada en 2005 co premio da Crítica Española. En 2007 publicou Libro das alquimias, un libro concibido como un agasallo para os seus fillos, e en 2008 acadou o Premio Manuel García Barros coa novela Shakespeare destilado, traducida ao castelán no ano 2013. En 2008, baixo o título de Como se fixo o primeiro alfabeto, Edicións Embora editou a tradución e adaptación de dous contos de Rudyard Kipling, e no ano 2012 publicou a novela 15.724. Ten publicados numerosos artigos en xornais e revistas.

____