O alfaiate portugués

14,00

Conxunto de narracións no que descubrimos o talento dun cronista da realidade de noso.

Hay existencias

Categorías , Etiquetas , ,

Unha realidade próxima, afincada nas paisaxes, anécdotas e tipos humanos da cultura tradicional. Un universo popular que alenta na memoria e na xeografía dos afectos. Un mundo vizoso, próximo e así e todo distante. Case descoñecido. Lobeira é o espazo narrativo de Xavier Senín, territorio máxico onde se desenvolve a meirande parte destas historias. A do alfaiate que vén das terras tramontanas de Portugal rodeado de misterio e que co mesmo misterio desaparece. A do cobrador da luz que percorre de a cabalo as parroquias e a do sancristán que dá concertos de campás e arroutadas de sineta no momento da consagración. A do organista que toca «Yesterday» na misa do Corpus. Un territorio no que fumega a cunca de chocolate das señoritas da vila. Onde perdura o recendo inesquecible do pan quente no forno e a onde seguen a chegar as cartas dos emigrados. Un mundo que está próximo, moito máis do que parece, e que asemade foxe de nós coma unha presada de auga entre os dedos.

Peso 0.200 kg
Año edición

2016

Autor

Xavier Senín

Editorial

Galaxia

Idioma

Galego

ISBN

978-84-9865-732-6

Nº de páginas

204