Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

O AFUNDIMENTO DO TITÁN

€12,00
ISBN WP2263
Futilidade ou O afundimento do Titán, pois tal é a denominación dupla desta obra, conta a historia dun buque de pasaxeiros inglés, o Titán, con innúmeros luxos e escasos botes salvavidas, soamente o mínimo estipulado pola lei.

Futilidade ou O afundimento do Titán, pois tal é a denominación dupla desta obra, conta a historia dun buque de pasaxeiros inglés, o Titán, con innúmeros luxos e escasos botes salvavidas, soamente o mínimo estipulado pola lei. Acontece que durante unha travesía no mes de abril o Titán bate contra un iceberg e afunde en augas do Atlántico. A traxedia está servida. As moitas semellanzas entre o ficticio afundimento do Titán e o real naufraxio do Titanic en 1912, catorce anos despois de escrita esta novela, seguen a atraer lectores de todo o mundo.En todo caso, fóra do morbo lóxico que se deriva de tan rechamante coincidencia, resulta que o libro ten unha chea doutras virtudes, como por exemplo a fluidez narrativa coa que está escrita ou mesmo unha segunda historia subxacente na que os protagonistas son os mercados de valores, as aseguradoras, os subornos e en xeral a condición humana fronte ao capital. Trátase pois da meirande obra de Morgan Robertson e, en definitiva, dun texto que paga a pena tamén dende un punto de vista estritamente literario

____