NUREDIN O TAXISTA E AMEDINE O PINTOR

14,00

Chegou axiña. Un home alto, robusto, cachola grande, face ovalada, cellas curvas, longas fazulas, beizos carnosos, barba moi curta, pelo case ao rape. Tiña un sorriso franciscano, só lle faltaba a carapucha para ser un tal. Era o Nuredin.

Hay existencias

Categorías , Etiquetas ,

Falaba un francés moi comprensíbel, menos mal. Díxenlle de irmos a Temara e, moi cortés, suxeríume baixarmos ao porto, na foz do río, e collermos o paseo e logo a estrada da beiramar, para evitar os atrancos na travesía do centro da cidade a aquelas horas. Conforme, díxenlle, vostede sábeo millor ca min. Botou un sorriso de compracencia pola miña confianza. O auto era un Mercedes grandocho, modelo ano de catapún, confortábel só que moi vencido –ouleaba o motor coma un can doente cando reducía a marchas curtas, mais andaba ben. Polo camiño, dabame espricacións breves sobre lugares polos que pasabamos, edificios singulares ou monumentos que viamos, os vestixios da presenza portuguesa de antano, a francesa máis recente, inda onte coma quen di. “Fomos un país ocupado, e nótasenos aínda hoxe” –dixo de sócato nunha desas, como sen querer, e botoume unha inquisitiva ollada de esguello polo retrovisor, ao axexo da miña reacción. Mal sabía el a quen estaba a dicirllo, mais mudoulle a cara a unha expresión de alivio cando viu no espello o meu divertido sorriso irreprimidamente cúmplice.

Peso 0.100 kg
Autor

Xosé Manuel Beiras

Idioma

Galego

Nº de páginas

116

ISBN

978-84-8487-440-9

Año edición

2019

Editorial

Laiovento

Prazo de entrega