Números vermellos

14,00

Este é o debut literario de Ana Fontenla, un montón de relatos, textos, poemas, monólogos, diálogos, excursións lingüísticas… para abordar unha vida en permanentes números vermellos. Mais non estamos a falar, só, de economía, que tamén, senón de todas as anemias que trae consigo a precariedade, a incerteza, a dúbida, as leas da vida moderna para alguén que quere abrirse camiño no traballo, no amor, na procura da propia identidade feminina.

Hay existencias

A través dunha narradora que se converte en protagonista retrátase unha sociedade, a nosa, fragmentada, difícil, moitas veces desesperanzada, sobre todo para a xente máis nova. Un libro cheo de triplos saltos mortais dunha escritora que nos interpela e pregunta con canonazos enviados directamente á liña de flotación das nosas conciencias.

E con moito humor. Que non falte.

Xa que estamos en números vermellos.

Fontenla, Ana
(Vilagarcía, 1992). O único que quero é ser unha muller, que non unha culler, nin tampouco un deber, nin moito menos dun dossier.

Peso 0.200 kg
Autor

Ana Fontenla

Idioma

Galego

Nº de páginas

128

Encuadernación

Rústica con solapas

ISBN

978-84-9151-300-1

Año edición

2019

Editorial

Galaxia

Prazo de entrega