Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

NOVAS DO EXTERIOR

€20,00
ISBN WP5076
Crónicas dunha viaxe, a do autor e a súa compañeira, para ver o fillo, arrastrado polo espectáculo político construído arredor do que deron en chamar Resistencia Galega. 63.000 quilómetros de viaxes á cadea

En Novas do exterior. 63.000 quilómetros de viaxes á cadea hai unha fronteira que divide o mundo, a que forman os muros e os arames da prisión, e tamén quilómetros e quilómetros de estradas, percorridos co desexo de achegarse a un ser querido, de reducir a distancia que o serpara do fogar. Crónicas dunha viaxe, a do autor e a súa compañeira, para ver o fillo, arrastrado polo espectáculo político construído arredor do que deron en chamar Resistencia Galega, e detido nunha operación policial na que foron usados procedementos tristemente próximos aos de tempos en aparencia xa superados. Un fillo condenado ao afastamento xeográfico, o illamento carcerario e a incerteza do próximo destino. Este libro lémbranos –perante a impunidade dun sistema que precariza a liberdade propia de cada cidadán– que a revolución do cotián é a mellor forma de resistencia, e que fronte á violencia do Estado temos armas que non disparan, senón que vencellan os seres humanos: un activismo de xestos solidarios que racha os muros das cadeas. Fronte á fala burocrática da administración carceraria e a súa visión unívoca, fronte aos berros e a linguaxe autoritaria, temos palabras que conversan e comparten. Fronte aos edificios grises e enreixados das prisións, que levantan muros entre a xente, posuímos a arquitectura colectiva dos afectos, a construción vagarosa, mais tamén firme, dun espazo común de liberdade. Xosé Luís Santos Cabanas (Sabugueira, 1952), autor destas crónicas, ten publicado anteriormente Ahoulouuuuu...! (premio M. R. Figueirido, 1993), De noxos e de brétema: contos (Noroeste, 1996) e Conto para ler chovendo (Toxosoutos, 1997), o poemario Por estas palabras recadadas (ed. de autor, 2006), e colaboracións ciscadas por revistas, xornais e publicacións colectivas.

____


Idioma: Gallego