Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

NÓS

€16,00
ISBN 9788494653889
Evgenii Zamiatin escribiu esta novela nutricia da ciencia ficción distópica entre 1919 e 1921. Porén, debido á censura soviética –suprimida en 1988–, o autor non puido vela publicada na súa lingua orixinal e tivo que se conformar coa tradución ao inglés na editorial norteamericana Dutton, en 1924.

Sucederíanse entón as traducións, tanto dende o manuscrito ruso (ao checo, por exemplo, en 1927), como dende a versión inglesa (ao francés, en 1929). E con cada nova edición estranxeira de Nós, a fenda entre o escritor e as autoridades soviéticas tornaba meirande. En 1946 George Orwell escribiu unha recensión da obra nas páxinas da revista londiniense Tribune; salientaba a súa «forte tendencia ao primitivismo», así como os «impulsos atávicos» do desasosegado protagonista, D-503. Pola súa parte, Ursula K. LeGuin, outra imperdible da literatura distópica, puxo o acento no seu carácter de excelencia e no «ton anarquista». Trátase, en efecto, dunha peza difícil, avasaladora e poliédrica. De feito, resulta significativo o seu predicamento entre a comunidade matemática e os amantes da metáfora, das sinestesias e do expresionismo. Zamiatin, sobre a base do cálculo, a xeometría e os sentimentos humanos, compuxo un ambiente onírico, sufocante e suxestivo realmente memorable.

____

Editorial: Hugin e Munin