nomes de fume

Nomes de fume

13,00

En Nomes de fume conflúe un exercicio de concentración expresiva admirable de xeito que os versos van alén do papel para seren frechas cravadas na conciencia que permanecen durante tempo para que nos fagamos preguntas, para interpretalos e sentilos.

Hay existencias

Categoría: Etiqueta:

Honesto, transparente, vibrante…, talvez haxa máis  adxectivos para definir este libro de Míriam Ferradáns, mais estes son os que se me ocorren para cualificar Nomes de fume, galardoado na última convocatoria do Xosemaría Pérez Parallé.

Nomear o que xa é cinsa, evocar o que non está ou está pero transformado, reapropiarse da memoria e non deixala fuxir, esconxurar o pánico que produce a perda, a ausencia, o non-ser… poden ser, talvez, os esteos sobre os que a autora de Bon erixe un universo emocionalmente intenso e luminoso, malia medrar ou inspirarse, en contraste, nos ámbitos máis sombríos do doméstico ou do cotián. Ferradáns  é quen de proxectar a forza e intensidade dun discurso que vai alé do íntimo e privativo para percorrer, coma se fose un calafrío, a res de quen o lea. Faino así, se cadra, porque o tacto, a pel ou o corpo reclaman e reivindican as funcións para as que foron creadas, isto é, para tocar, sentir e amar. Contra isto transitan os ecos e as presenzas do monstro, que é un mais tamén son varios, pois ás veces é o dogma, outras case todo aquilo que nos ensinaron, para retornar “ao espazo necesario / onde doe”: un territorio que cómpre habitar para espaventalo coa palabra limpa e aceirada.

En Nomes de fume conflúe un exercicio de concentración expresiva admirable de xeito que os versos van alén do papel para seren frechas cravadas na conciencia que permanecen durante tempo para que nos fagamos preguntas, para interpretalos e sentilos.

Dise neste libro que “o que non se pronuncia non existe”, e repítese a xeito de ladaíña ou salmodia porque neste libro hai tamén moito de liturxia e liberación. Eu afírmoo unha vez e probablemente abonde: pronuncio Nomes de fume con convicción, para contribuír a que exista e dure no tempo. Ben o merece, tamén o prólogo de Dores Tembrás: brillante e atinado.

Caderno da Crítica

 

Peso 0.100 kg
Autor

Mírian Ferradas

Idioma

Galego

Nº de páginas

58

Año edición

2017

ISBN

9788494596742

Editorial

Espiral Maior

Premios

Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé 2016