Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

NEVE

€27,70
ISBN 9788498652338
Publicada orixinariamente en turco no ano 2002,Neve está considerada unha das obras mestras de Orhan Pamuk pola súa concepción narrativa, na que a intriga se combina axeitadamente coa poesía.

A historia que Pamuk conta en Neve céntrase na viaxe dun poeta exiliado á meláncolica cidade de Kars, que acaba de sufrir unha vaga de suicidios de mozas por se lles prohibir o uso do veo. O obxectivo do poeta e protagonista da novela é escribir sobre esta cadea de feitos tráxicos. Pamuk aproveita a atmosfera da cidade, envolveita nunha nevarada constante, para elaborar unha metáfora da melancolía. A novela introduce a lectores e lectoras nun universo ficional no que a farsa, a crueldade e a violencia se personifican na cidade de Kars e na atracción que o poeta protagonista sente por unha muller, a fermosa Ipek, e pola figura dun terrorista carismático.

____

Editorial: Galaxia 11-2019

Idioma: Galego