Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

NELSON MANDELA. O CAMIÑO CARA A LIBERDADE

€13,00
ISBN 9788416721214
Chega esta biografía novelada no centenario de Madiba, Pai da Nación Saudafricana. Unha icona internacional da paz, da convivencia e da liberdade.

ANTONIO LOZANO
Tanxer, 1956 Estudou Maxisterio, Tradución e Interpretación. Ademais de traballar como docente, a súa actividade profesional céntrase na promoción da cultura nas Illas Canarias. Foi director durante anos do Festival del Sur-Encuentro Teatral Tres Continentes e tamén do Festival Internacional de Narración Oral "Cuenta con Agüimes", o de maior antigüidade de cantos se realizan en España. Como escritor, é autor de novelas de xénero negro, polas que recibiu varias distincións como o Premio Novelpol, o Premio Internacional de Novela Negra Ciudad de Carmona ou o Premio de Novela Benito Pérez Armas. No ano 2014 publicou "Eu son Suleimán", que axiña se converteu nunha obra teatral de grande éxito: estivo nominado aos Premios Max de Artes Escénicas na categoría de Mellor Autoría Teatral polo seu guión adaptado, producido en castelán pola compañía Unahoramenos que, con esta representación, gañou seis Premios Réplica 2015.

____

Editorial: Kalandraka
Idioma: Gallego