Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

O NARIZ DUN NOTARIO

€8,00
ISBN 9788494540394
Ofrécese nesta novela curta, publicada en 1862 con grande éxito, un acedo retrato da sociedade de mediados do século XIX, marcada pola desigualdade entre as clases populares e unha burguesía só preocupada polo seu aspecto e as relacións sociais, carente de escrúpulos para lograr os seus fins, por disparatados que sexan.

Ademais, a obra contén un curioso tratado sobre a cirurxía facial ateigado de especulacións médicas expostas nun ton que se achega por veces á caricatura. O nariz dun notario narra a historia de Alfred L’Ambert, un desdeñoso e fatuo notario parisiense que só se interesa por alternar na Ópera e nas festas da boa sociedade. O home vese envolto nun duelo co turco Ayvaz-Bey, secretario da embaixada otomá na capital francesa, por mor dunha bailarina, a señorita Tompain, pretendida por ambos os dous. O infortunio ocasiona que L’Ambert perda parte do seu nariz e que lle acontezan numerosas vicisitudes para recuperar a integridade do seu prezado rostro. O notario non dubida en mercar a pel e o tempo de Romagné, un mozo auvernés co cal vivir non poucos desgustos e ao que verá unida a súa sorte. Esta parábola, artellada dende o rexistro irónico e un humor que se achega por veces ao absurdo, ademais de garantir unha lectura entretida, suscita a reflexión sobre a confrontación entre clases sociais, os prexuízos vixentes no século XIX e as situacións hilarantes ás que conduce a falta de escrúpulos.

____

Editorial: Hugin e Munin
Idioma: Gallego