Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

NARCOS

€20,00
ISBN 9788483026298
O empresario vigués Mario Cendán, un pai ferido pola morte da súa filla por sobredose, encarga a Nivardo Castro –un detective madrigalego, serio, un aventureiro internacional con experiencia abonda– que fure a fondo no mundo dos narcotraficantes, un xeito de facerlles perder o sosego e a tranquilidade na que desenvolven a súa actividade. Premio Benito Soto á Mellor Novela do Ano, 2002

Enleado na resolución dun caso tan pouco frecuente, Nivardo coñecerá que un gran alixo de drogas vai cruzar o Atlántico para ser desembarcado na costa galega. Un xuíz teimudo está sobre aviso e disponse a interceptalo para dar un golpe de morte ó narcotráfico galego e colombiano. A trama complícase coa inesperada aparición doutro alixo en marcha e cun axuste de contas entre dous reis da fariña, herdeiros do vello amo do fume Don Orlando, que segue desde o cárcere atento ós movementos do seu negocio de contrabando de tabaco e haxis, manexado, agora, polo seu avogado Lito Ferro.Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde (os xa familiares personaxes de Crime en Compostela, O misterio do barco perdido e A guerra do tabaco) e a fotógrafa nova María Candea teñen un miradoiro privilexiado neste labirinto de fogos cruzados entre os Mingallos, os Castaños, os grupos de Roque Caruncho e de Eustaquio Lamote, as activas bandas do narcotráfico de cocaína, con importantes conexións internacionais, que se moven nas Rías Baixas, entre as poboacións de Vilavedra, Marmaariz, Beiramar, Vilarousa, Grobas, Illarón e Salgueiros. Mentres desenvolven a súa perigosa investigación, onde acadarán un protagonismo decisivo, a esta aliaxe inquebrantable sóbralles tempos para facer ximnasia da lingua nos seus garitos composteláns preferidos, onde nunca faltan o xornalista Darío Berdial, o fotógrafo Elpidio Bandeira, Luís do Cerne ou o concelleiro Estevo Xiráldez. Narcos posúe dende o inicio unha acción trepidante, de ritmo forte e rápido, que arrastra ó lector compulsivamente ata un final violento e imprevisto.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego