Na fogueira dos versos

9,45

Premio Merlín de Literatura Infantil, 1996 – Premio Pier Paolo Vergerio, 1998 – Lista de Honra do IBBY,1998

 

Solo quedan 2 disponibles

Na fogueira dos versos foi premiado, por unanimidade, por un xurado de lectores, que destacou a pureza e a sinxeleza dos 29 poemas que o compoñen. O autor, partindo de versos escollidos dunha longa nómina de poetas, desenvolve, recrea e reiventa, como xa fixera nalgún poema de Lueiro de papel, o motivo escollido que figura no epígrafe. García Teijeiro establece un diálogo creativo cos poetas da nosa tradición (Martín Códax, Eduardo Pondal, Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Luís Pimentel, Manuel Antonio, Luís Amado Carballo, Ramón Cabanillas, Álvaro Cunqueiro, Uxío Novoneyra, Xosé L. Méndez Ferrín, Lorenzo Varela, Xosé Mª Álvarez Blázquez, Aquilino Iglesia Alvariño, María Mariño, Xohana Torres, Bernardino Graña, Luz Pozo Garza…), do que nace unha voz propia, distinta. Estes poemas son pequenas xoias literarias, onde se imbrican a espontaneidade e a reflexión, a cultura e a sensibilidade.

Peso 0.100 kg
Autor

Antonio García Teijeiro

Ilustrador

Enjamio

Idioma

Galego

Nº de páginas

64

ISBN

978-84-9782-504-7

Encuadernación

Tapa blanda

Año edición

2007

Editorial

Xerais

Prazo de entrega