Murguía

40,00

Con esta biografía de Manuel Murguía, primeiro presidente da Real Academia Galega, o historiador Barreiro Fernández, que tamén presidiu esa institución, pon nas mans dos lectores unha obra magna, case mil páxinas para recoller e transmitir o tempo vital de quen foi unha das figuras esenciais do galeguismo.

Hay existencias

Category: Etiquetas ,

Manuel Murguía (1833-1923) foi o máis destacado representante do nacionalismo galego no século XIX. A súa obra como historiador e escritor está dedicada enteiramente á idea de Galicia como nación; é autor de títulos fundamentais coma Los precursores e Historia de Galicia, nos que se asentan as bases da cultura galega contemporánea. Coa súa obra, a historia de Galicia configúrase como historia nacional. Vencellado á publicación da obra de Rosalía de Castro, con quen estivo casado, foi o primeiro presidente da Real Academia Galega.

O historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández, un dos grandes especialistas na historia contemporánea de Galicia, traza nesta biografía un retrato fidedigno do personaxe e, con pulso narrativo e rigor documental, relata as circunstancias nas que a obra e as ideas políticas de Murguía viron a luz

Barreiro Fernández, Xosé Ramón
(Ribeira, 1936) é historiador. Licenciouse e doutorouse en Dereito Canónico na Universidade Gregoriana de Roma. Doutorouse en Historia na Universidade de Santiago de Compostela coa tese ‘El campesinado gallego en la Historia contemporánea’ e é catedrático de Historia Contemporánea de Galicia na mesma universidade. De 2001 a 2010 foi presidente da Real Academia Galega. É membro Consello da Cultura Galega desde a súa fundación.

Entre as súas obras pódense destacar: El carlismo gallego (1976), Historia Contemporánea de Galicia (1981), La imprenta en Galicia (1982) e os catro volumes dedicados aos séculos XIX e XX publicados dentro do Proxecto Galicia de Ed. Hércules, Os deputados de Galicia. Biografía de deputados e senadores (1810-2001) (2001), Historia da Universidade de Santiago (2001). Recibiu o Premio da Crítica (Investigación), en 1985 e 2000, o Premio Santiago da TVG no ano 1987, a Medalla Castelao no ano 1991, a Insignia de ouro da Universidade de Santiago de Compostela e o Premio da Asociación de libreiros, entre outros.
O seu libro MURGUÍA recibiu o Premio da Crítica 2013 na modalidade de Investigación..

Peso 0.999 kg
Autor

Xosé Ramón Barreiro Fernández

Idioma

Galego

Nº de páginas

988

ISBN

978-84-9865-425-7

Año edición

2012

Encuadernación

Tapa dura

Editorial

Galaxia

Prazo de entrega