MURGUÍA Nº 40

13,00

Revista galega de historia.

No presente número de Murguía, Revista Galega de Historia ocupa as páxinas da sección Fontes un texto de Prudencio Viveiro Mogo sobre o deputado liberal galego Moscoso de Altamira. O ‘Colectivo Avanti’ inaugúrase a seguir en A Investigación cunha abordaxe á figura de Leonardo Sánchez Deus, para de seguido Arturo Blanco Mogo introducirnos na figura do falanxista “O Pinguelo” e do fin dos seus días da man da guerrilla antifascista na Mariña luguesa no ano 1948. Mario Regueira, á súa vez, afonda sobre a editorial Galaxia no marco da literatura galega de posguerra, pechando as páxinas desta sección Carlos Méixome cunha intensa reflexión sobre a represión franquista no Grove a partir das pesquisas de Antón Mascato.

 

Hay existencias

Na sección A Entrevista conversamos co antropólogo e etnógrafo Manuel Vilar, director do Museo do Pobo Galego desde o 25 de maio de 2019. Reseñando en Lembranzas a biografía republicana en favor do Estatuto de Autonomía de Galiza de Ricardo Carvalho Calero (que xa sabemos será distinguido co Día das Letras Galegas en 2020).  Museos, Arquivos, Bibliotecas e Lugares Ángel Arcay Barral e Daniel Lucas Teijeiro Mosquero realizan unha completa achega sobre o Parque do Pasatempo (Betanzos).

En Lecturas Alberte Lago Villaverde recensiona tres obras, nomeadamente Arte e escritura na Galicia Medieval de Anselmo López Carreira; Estado, Poder e estruturas políticas na Gallaecia, de Martín Fernández Calo e A invención da Gallecia e a minaría do ouro. Unha teoría sobre as orixes de Galicia, de Oscar Pazos Rodríguez. Peche este volume o medievalista Miguel García-Fernández do Instituto da Lingua Galega, quen desenvolve na sección A Rede un breve ensaio sobre as fontes documentais on-line para o estudo da Idade Media galega, a partir de Galiciana e PARES.

Peso 0.1 kg
Autor

VV.AA.

Idioma

Galego

Nº de páginas

150

ISBN

97716969197

Año edición

2020

Editorial

Instituto galego historia