MURGUÍA Nº 39

13,00

Revista galega de historia.

No presente volume de Murguía, Revista Galega de Historia presentamos na sección Fontes o testamento de Rodrigo de Moscoso, membro dunha das máis destacadas liñaxes da Galiza do século XV, da man do historiador Miguel García-Fernández, investigador do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades…

 

Hay existencias

Prudencio Viveiro Mogo, do Instituto Galego de Historia, achéganos ao lanzamento de Nós. Boletín Mensual da Cultura Galega, diante do seu centenario, realizando unha transcrición do seu primeiro editorial, así como de dous editoriais moi significativos (o de 1925 e o de 1931) . Abre a sección Investigación o profesor da Universidade de Vigo Oscar Diaz Fouces, quen desenvolve un artigo arredor do significado catalanista Josep Maria Batista i Roca, fundador da organización xuvenil Palestra e promotor dos encontros Galeuza no tempo republicano. A seguir o investigador predoutoral da Universidade de Santiago de Compostela Roque Sanfiz Arias mergúllase  na historia do fútbol no concello de Fene até 1936, no marco da expansión por toda Europa deste deporte. O profesor e investigador Emilio Xosé Ínsua realiza un pormenorizado estudo da figura do almirante viveirense do s.XIX Nicolás Fernández Chicarro Leguinechea. Por último, pechan esta sección o docente e investigador Carlos Méixome, quen reflexiona arredor da nación galega a partir da produción historiográfica de Ramón Villares; mentres o bibliotecario e xefe de Servizo da Biblioteca da Universidade da Coruña Pedro Incio realiza unha síntese arredor da difusión referida á investigación científica, ponde en destaque métodos e plataformas/repositorios ao seu servizo.

Na sección A Entrevista destacamos a figura de Consuelo Rodríguez López, Chelo, guerrilleira antifranquista, da man da catedrática da Universidade de Santiago de Compostela Aurora Marco, quen pasou horas de conversas coa loitadora antifranquista de Soulecín que vén de falecer. En Lembranzas sumámonos ás homenaxes a Antonio Fraguas, con motivo do Día das Letras Galegas, da man de Manuel Pazos Gómez do Instituto Galego de Historia.

Visitamos o Centro de Interpretación da Imprenta de Mondoñedona sección Museos, Arquivos, Bibliotecas e Lugares co literato, investigador e cronista oficial de Mondoñedo Antonio Reigosa.  Pechamos as páxinas deste novo número de Murguía, Revista Galega de Historia coa recensión de Gustavo Hervella da obra Fuga e retorno de Adrián Solovio, de Ramón Villares, e do volume 40 datas que fizeram a História da Galiza, coordenada por Carlos Velasco na sección Lecturas;  así como na sección A Rede, coa visita virtual aos sites web da Biblioteca Nacional de Portugal e a Biblioteca Nacional da República de Arxentina.

Peso 0.1 kg
Autor

VV.AA.

Idioma

Galego

Nº de páginas

190

ISBN

97716969197

Año edición

2018

Editorial

Instituto galego historia