Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

MULLER INMIGRANTE, LINGUA E SOCIEDADE

por VV.AA
€18,00
ISBN 9788491510567
Esta obra quere contribuír a mobilizar un debate necesario na sociedade galega contemporánea: a integración social, lingüística e cultural das mulleres inmigrantes.

As investigacións presentadas neste libro adoptan a perspectiva de xénero para procurar significacións novas e identificar novas subxectividades con relación aos movementos migratorios. O estudo das traxectorias migratorias das mulleres deriva na constatación das desigualdades que singularizan o feito de ser inmigrante, traballadora e muller. O obxectivo principal do volume é achegarse ás mulleres inmigrantes asentadas no noso país, co fin e comprender as particularidades dos seus procesos de integración na sociedade galega, tendo en conta a súa bagaxe cultural e lingüística de orixe. Este libro, de autoría colectiva, pretende ser unha contribución aos estudos sociolingüísticos da inmigración e de xénero, reunindo distintas especialistas no eido das migracións en Galicia.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego