Mujeres matemáticas: las grandes desconocidas

18,00

Un libro pon en valor as achegas «esquecidas» das mulleres matemáticas ao longo da historia.

A publicación fai fincapé nas figuras femininas máis relevantes da historia.

Solo quedan 1 disponibles

Emilie Breteuil, Mery Sommerville, María Gaetana Agnesi, Emmy Noether, Sofía Kovalesky, Ada Byron e Hipatia de Alejandría son algunhas das mulleres que fixeron importantes contribucións no campo das matemáticas ao longo da historia. Aínda que na súa meirande parte estas científicas seguen a ser descoñecidas para o gran público polo mero feito de pertencer ao xénero feminino, figuras como Hipatia e Ada Byron xa se fixeron un oco no imaxinario colectivo. As súas biografías e a de moitas outras mulleres relevantes nesta disciplina aparecen recollidas no libro Mujeres matemáticas: las grandes desconocidas, escrito por Amelia Verdejo, profesora da área de Análise Matemática da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, que ten como obxectivo dar visibilidade ao seu talento.

A obra, editada polo Servizo de Publicacións da Universidade, a autora recolle múltiples reflexións que van máis aló das súas achegas científicas e opina sobre aspectos como a valentía, a valía, a constancia ou a coraxe destas mulleres e “sobre os modelos válidos nos que as nenas e nenos poden verse reflectidos, superando prexuízos e limitacións arbitrarias”, como sinala no prólogo a catedrática de Economía Aplicada, Coral del Río, primeira directora da Unidade de Igualdade da Universidade Vigo, que hoxe acompañará a Verdejo na presentación do volume.

“É necesario realizar actuacións que axuden a cambiar a realidade de descoñecemento da existencia de relevantes figuras femininas nas ciencias ao longo da historia, tanto entre a poboación en xeral como no ámbito da docencia en particular», explica Verdejo. Esta invisibilización ten as súas raíces “sobre todo no difícil acceso á educación, algo que as mantivo lonxe do coñecemento científico”. Neste sentido, a autora sinala que era habitual que as mulleres se debateran entre asinar ou non os seus traballos co seu nome real, pois o desexo de reivindicar a calidade dos seus estudos fronte a outros científicos varóns “causaba nelas frustración”, explica. Por este motivo moitas científicas empregaron pseudónimos masculinos ou o apelido dos seus maridos para que o seu traballo non fose rexeitado, “a sociedade tratábaas con desconfianza por saírse dos roles previstos para elas, algo que minaba a miúdo a confianza sobre como divulgar e visibilizar os seus traballos”, sinala a profesora.

A docente destaca que aínda que a crenza de que a muller non tiña talento para as matemáticas estaba moi estendida no pasado, na actualidade segue sen erradicarse e “continúa vixente no imaxinario colectivo”. Neste sentido Verdejo remite a un artigo recente da revista Science que asegura “que as nenas aprenden a subestimar ao seu propio xénero a partires dos seis anos”, e explica que este tipo de estereotipos teñen un impacto a longo prazo na traxectoria vital e profesional das mulleres.

A importancia das mulleres matemáticas na docencia

“A historia das matemáticas e o papel das mulleres na mesma sempre foi un tema que me interesou”, recoñece Verdejo, polo que decidiu incluír un apartado sobre divulgación e historia na materia que imparte no Grao en Comercio, ao considerar que continúa a ser un tema “practicamente ausente das aulas de todos os niveis do ensino”. A profesora considera importante que as mulleres sexan co-protagonistas na historia xunto cos homes, “pois a ausencia de modelos femininos nos anos de formación está condicionando as saídas profesionais do alumnado, sobre todo o feminino”, explica. Esta situación foi a que a levou a compilar, contextualizar e dar forma a todo o material do que dispoñía sobre importantes figuras femininas relacionadas coas matemáticas. A docente xa publicara artigos e impartira charlas sobre o tema e confésase “satisfeita coa boa acollida que está tendo o libro para o tempo que leva en circulación, as opinións están sendo moi positivas”.

A obra conclúe cun epílogo que reflexiona sobre as matemáticas na ensinanza e cunha compilación de material sobre os libros de texto dende infantil ata bacharelato. O obxectivo da autora con esta publicación é incluír a historia das matemáticas no ensino, “e por tanto pór en pe de igualdade a mulleres e homes científicos”.

Peso 2.000 kg
Autor

Amelia Verdejo

Idioma

Castellano

ISBN

978-84-8158-733-3, 9788487987748

Encuadernación

Tapa blanda

Editorial

Uvigo

Prazo de entrega