MOMENTOS ESTELARES DA HUMANIDADE

18,00

14 miniaturas históricas, 14 momentos «brillantes e inmutábeis coma estrelas, iluminan co seu resplandor a noite do efémero».

Hay existencias

STEFAN ZWEIG

Viena, 1881; Petrópolis, 1942

Foi un escritor, novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e biógrafo austríaco de orixe xudía. Doutorado en Filosofía, residiu en París, Londres, e viaxou por España, Italia, Holanda, India, Norteamé-rica e Panamá, ata que en 1919 regresou a Austria, de onde fuxiu en 1934 pola chegada dos nazis a Alemaña. Declarado pacifista fronte á I Guerra Mundial, denunciou a barbarie bélica nun dos poemas do seu primeiro gran libro. Ademais de poeta, influenciado por autores como Rilke e Verhaeren, creou tamén obras de teatro, novelas, relatos e biografías, ademais de ensaios históricos e literarios que acadaron moita popularidade. Ata a súa morte foi un dos escritores máis famosos e con máis lectores e lectoras no mundo. A hexemonía de Hitler en Europa e as atrocidade do nazismo durante a II Guerra Mundial levárono ao suicidio, xunto coa súa muller, durante o seu exilio no Brasil. «Saúdo a todos os meus. Ogallá poidan ver o amencer logo desta longa noite. Eu, impaciente de máis, marcho antes de aquí», escribiu na súa carta de despedida.

Peso 0.1 kg
Autor

Stefan Zweig

Idioma

Galego

Nº de páginas

376

Año edición

2017

Editorial

Kalandraka

Edad recomendada

A partir de 14 años