Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

MOCIDADE

€11,50
ISBN WP4126
Inscríbese na chamada narrativa marítima, un xénero que Joseph Conrad apreciaba e dominaba con mestría. Trátase ademais dunha obra até certo punto iniciática na que a historia se estrutura a partir da lembranza dunha viaxe a Oriente que o protagonista, o mariñeiro Charles Marlow (o mesmo Marlow de Lord Jim,Chance ou Corazón da escuridade), rememora para gozo dos seus compañeiros.

Esta novela curta, Mocidade, foi publicada orixinalmente en lingua inglesa no ano 1898 na Blackwood's Magazine, e catro anos máis tarde como volume de seu. Inscríbese na chamada narrativa marítima, un xénero que Joseph Conrad apreciaba e dominaba con mestría. Trátase ademais dunha obra até certo punto iniciática na que a historia se estrutura a partir da lembranza dunha viaxe a Oriente que o protagonista, o mariñeiro Charles Marlow (o mesmo Marlow de Lord Jim,Chance ou Corazón da escuridade), rememora para gozo dos seus compañeiros. A partir desa sinxela premisa, o autor aproveita para trasladar á ficción unha vella travesía real súa a Bangkok, a cal supuxo o seu bautismo como aguerrido home de mar.
Dáse neste texto unha interesante mestura de aventura e lirismo. Difícil será que non deixe pegada nos lectores o amor pola navegación que destila cada páxina. A melancolía, o realismo e a sensación constante de perigo e ameaza que envolven o barco protagonista do relato, oJudea, farán o resto.

____