Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

MILLADOIRO. A GALICIA DE MAELOC. UNHA FOTOBIOGRAFÍA

€25,00
ISBN 9788461113873
Milladoiro forma parte de nós. Nos últimos trinta anos, en máis de vinte discos, en milleiros de concertos, Milladoiro modernizou e popularizou mundialmente a música galega. Púxolles banda sonora a moitas vidas. Estas instantáneas, retratos da vida dun grupo de música, son tamén parte da memoria gráfica dun país, dun tempo, de todos nós.

A Fundación Otero Pedrayo publica, como xa fixo en 2005 arredor da memoria de Agustín Sixto Seco, un libro adicado ao galardonado co Premio Trasalba, que na edición de 2006 recaeu no grupo Milladoiro. Milladoiro. A Galicia de Maeloc é unha fotobiografía do grupo, realizada polo xornalista Marcos Pérez Pena, cunha laudatio do editor Manuel Bragado como epílogo. Pérez Pena, Marcos Marcos S. Pérez Pena (Montevideo, 1980) é xornalista e investigador en comunicación. Posúe o título de Doutor en Xornalismo pola USC, recoñecemento acadado o 24 de abril de 2006 cunha tese sobre o papel desempeñado polos medios de comunicación galegos no proceso da Transición Política. O seu labor investigador tense centrado na comunicación política, o estudo da opinión pública e as teorías da comunicación. Alén disto, Marcos S. Pérez traballou en La Voz de Galicia, Diario de Ferrol e a Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega, e colaborou con revistas como Tempos Novos, Murguía ou ECO-Revista del Eje Atlántico.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego