Micromegas

6,00

Micromegas, publicado en 1752 e escrito durante a estadía de Voltaire en Prusia, ademais dun conto filosófico, supón un dos primeiros achegamentos á ciencia ficción dentro da temática das viaxes extraordinarias. Narra a visita á Terra dun ser procedente dun planeta da estrela Sirius, e dun seu compañeiro de Saturno.

Hay existencias

Category: Etiquetas ,

Comezando polo título, o autor analiza o relativismo das proporcións e deita a idea de que cada ser do universo non é máis ca unha tensión entre o pequeno e o grande. Así, Micromegas é un sabio de espírito crítico movido por unha insaciable curiosidade e pola ambición de comprender de maneira xusta e lúcida a vida. Voltaire agóchase tras o seu personaxe para ciscar as súas críticas contra a relixión e os sistemas social, moral e filosófico, sen esquecer o aspecto científico propio dos enciclopedistas.Así, os dous viaxeiros continuarán a súa ruta interestelar non sen antes deixar na Terra un libro coas páxinas en branco, agasallo que pon de relevo que o home debe evitar a tentación de buscar a verdade absoluta, pois a razón do mundo escapa á intelixencia humana. Malia non ser descubertas de maneira oficial até 1877, Voltaire menciona neste texto as dúas lúas de Marte, o cal foi tido en conta á hora de nomear un dos maiores cráteres de Deimos, o Voltaire. Outro deles, dito sexa de paso, leva o nome doutro grande escritor, Swift

Peso 0.1 kg