Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

MICHIGAN / ACASO MICHIGAN

€17,00
ISBN 9788491214342
Crónica de 18 días en coma. Michigan / Acaso Michigan é libro abraiante, rescatado das fendas máis profundas e incontrolables do cerebro do ser humano e das súas posibilidades creativas. Prologado por Chus Pato e con textos epistolares finais de Daniel Salgado, esta é unha fascinante historia sobre os límites.

O 27 de outubro de 2016 Antón Reixa sufre un complicado accidente de tráfico durante unha viaxe a Madrid: fractura aberta de tibia e peroné, fractura de calcáneo, vértebra L2, máis dunha ducia de costelas rotas e contusión pulmonar que pode provocar colapso respiratorio e remata nun coma inducido durante 18 días. Dese accidente naceu este libro, escrito durante a súa convalecencia, nas horas de dor, frío e pobreza enerxética televisada do inverno de 2017. Esta é a crónica de 18 días en coma, 10 meses de melancolía paralímpica e unha vida posthumana. Existe un vídeo dispoñible en YouTube ao que se pode acceder directamente a través desta ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=tnftv63SGbo&feature=youtu.be

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego