Memorias dunha viaxe improvisada

12,00

O ano 1900 a imprenta betanceira Sucesores de Castañeira publicaba unha orixinal obra titulada Memorias de un viaje improvisado. Nas súas páxinas narrábase, apenas 26 anos despois de que se publicase por primeira vez A volta ó mundo en 80 días, de Verne, a viaxe que en 1899 emprendera o autor do libro.

Hay existencias

Category: Etiquetas ,

O ano 1900 a imprenta betanceira Sucesores de Castañeira publicaba unha orixinal obra titulada Memorias de un viaje improvisado. Nas súas páxinas narrábase, apenas 26 anos despois de que se publicase por primeira vez A volta ó mundo en 80 días, de Verne, a viaxe que en 1899 emprendera o autor do libro. Emulando a Phileas Fogg, Rogelio Borondo partira canda dous amigos cara a Francia, Suíza e Italia nunha viaxe que se fixara na mesma véspera da súa saída, tal como se declara no prólogo. Aínda que o autor reclama a benevolencia dos lectores e lles pide que non busquen no texto un elevado estilo literario, o relato resulta fascinante ó presentar ante os nosos ollos a experiencia dun viaxeiro galego de hai máis de cen anos.

Peso 0.1 kg