Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

MEMORIAS DUN NINGUÉN

€14,50
ISBN WP2986
Unha biografía novelada que tamén é un conto longo escrito con esa fina ironía que todo o relativiza á vez que o fai esencial. Premio ao "mellor libro de ensaio para adultos de 2009" concedido polos lectores da web Fervenzas Literarias.

Contar o pasado para traelo ao presente é o obxectivo de Carlos Mella en Memorias dun ninguén. Desde a senectude o protagonista percorre o fío do tempo vivido: a Guerra Civil vista a través dos ollos dun neno, a mocidade durante o franquismo, a fartura da ilusión e as ambicións logradas... a inanidade final. O autor de Non somos inocentes volve contemplar os tempos idos porque, fóra dese escenario dá brincos a vida, os actores non somos ninguén.

____