Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

MEMORIAS DUN MARIÑO REPUBLICANO

€7,00
ISBN WP2504
A vida do cangués José Oliveira Avendaño sempre estivo vencellada ao mar. Entre as súas experiencias cóntase ter dado seis voltas ao mundo a bordo do buque Juan Sebastián Elcano entre os anos 1928 e 1934, ser o primeiro capitán do buque oceanográfico Cornide Saavedra, que pertencía á Escola Náutico-Pesqueira de Vigo, e navegar ás ordes do xefe da flota republicana.

Mais no seu legado tamén existe unha importante labor nos eidos do asociacionismo laboral e na fomación marítima. Oliveira Avendaño participou na primeira organización profesional de titulados náutico-pesqueirosde España, Atimpe. Este colectivo hoxe en día xa non existe, pero no ano 1982 fundouse Aetinape, que aínda se mantén activa e que tamén presidiu. A organización estará representada no coloquio por Xosé Manuel Muñiz. Con respecto ó seu legado na educación, Oliveira Avendaño contribuiu a poñer en marcha a Escola Náutico-Pesqueira de Vigo e aintroducir titulacións superiores.

____