memorias dun loitador

Memorias dun loitador antifranquista

22,50

En 1998 e con 65 anos, David Álvarez Carballido (A Fonsagrada-Lugo, 1922-2017), concedeu unha longa entrevista ao filólogo e paisano seu Antón Santamarina. Foi durante varios días de agosto, na aldea común de ambos de San Martín de Suarna.

Hay existencias

Dúas décadas despois, este documento único ve por fin a luz, as Memorias dun loitador antifranquista. O testemuño do comunista David Álvarez Carballido, publicado por Alvarellos Editora na súa colección Oeste.

Foi preciso un fondo traballo de edición para organizar o valioso material custodiado por Santamarina. A psicóloga e escritora Anahí Almasia (sobriña de David) e a doutora e especialista en memoria histórica Mariela Sánchezpuxéronse a traballar arreo dende a súa cidade de Bos Aires. Había que converter aquelas horas de conversa nun volume revelador. David posuía una fina e poderosa memoria e o resultado queda á vista nestas páxinas.

É o testemuño valoroso e honesto dun incansable loitador antifranquista. Dun comunista que fuxiu dende Galicia a Bos Aires en 1948 para non regresar ao país ata 1962, e ser detido e torturado en Vigo pouco despois, candodenunciaba o fusilamento de Julián Grimau. Fiel ata o final dos seus días, aínda en 2014, con 92 anos, acudía ao consulado Arxentino a interpor a súa denuncia na Querela daquel país contra os crimes do franquismo.

“Poucos libros memorialísticos, de militantes antifranquistas, teñen a naturalidade, a frescura e o xeito destas memorias”.
Xesús Alonso Montero, autor do Prólogo.

“O que digo aquí é soamente para que non quede esquecido. Todo o que sabemos daquel terror que invadiu España, que se coñeza”.
David Álvarez Carballido

Peso 0.500 kg
Autor

David Álvarez Carballido

Idioma

Galego

Nº de páginas

412

ISBN

978-84-16460-44-1

Año edición

2018

Editorial

Alvarellos

Encuadernación

Tapa blanda

Prazo de entrega

De 3 a 5 días