Memorias da árbore da noite triste Último acto de don Ramón del Valle-Inclán

12,50

Don Ramón del Valle-Inclán agoniza nunha das habitacións do sanatorio de Villar Iglesias en Santiago de Compostela. É o 5 de xaneiro de 1936. Nestas horas derradeiras xorden diante da súa figura protagonistas da súa vida –familia e amigos– mais tamén personaxes das súas obras.

Hay existencias

Category: Tag:

Todos eles dialogan nun mundo mesturado de vida real e ficción.

Velaquí o inicio desta peza teatral que é así mesmo pura literatura. Son as Memorias da árbore da noite triste, que fan referencia a unha árbore real, baixo a que Hernán Cortés chorou a súa derrota ante o pobo indíxena mexicano. Un antepasado de Valle morrera naquela batalla.

Este último acto de don Ramón, escrito pola actriz e directora teatral Fátima Rey, destila dinamismo, forza nos diálogos e sabia recreación de ambientes. E penetra, dun xeito novo, na vida e obra dun dos máis grandes creadores das letras hispanas.

A compañía Tatana Teatro porá en escena esta obra, que percorrerá os escenarios da provincia de Pontevedra desde o 28 de outubro de 2018.

Fátima Isabel Rey Blanco (Cambados, 1983) é actriz, directora e profesora de teatro. Cursou a carreira de Arte Drámatico en Madrid e regresou ao país para desenvolver en Galicia a súa profesión.
A súa labor docente e divulgativa foi moi intensa dende os seus inicios artísticos, espallada por centros educativos, asociacións de pais e nais, e colaborando con diversas entidades e institucións.
Foi directora da Escola de Teatro Valle-Innova (Fundación Valle-Inclán), directora da Escola de Teatro Municipal de Catoira (Úrsula Teatro) e da Semana do Teatro da Romaría Vikinga do mesmo concello. E creou a súa propia compañía teatral, Tatana Teatro. Este é o seu primeiro libro de teatro, logo de anos de achegamento á escrita e á vida e obra de Valle-Inclán, e despois de centos de actuacións no mundo da escena.

 

 

Peso 0.100 kg
Autor

Fatima I. Rey Blanco

Idioma

Galego

Nº de páginas

82

Encuadernación

Tapa blanda

ISBN

978-84-16460-50-2

Año edición

2018

Editorial

Alvarellos

Prazo de entrega