Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

MEMORIA DA GUERRA CIVIL EN GALICIA. O CASO DE PONTEVEDRA

€15,00
ISBN 9788495773319
Esta obra supón unha nova contribución ó estudo da historia da Guerra Civil en Galicia, froito do interese da súa autora pola historia oral nos anos 90, que a levaron a entrevistar a máis de 70 persoas, recollendo as súas vivencias durante a Guerra en Pontevedra.

Estes relatos darían lugar a unha tese doutoral en 1998 que se publica agora por primeira vez en España e en galego. Nela analízase e se busca comprender o estado da Memoria 60 anos despois dos acontecementos, a súa evolución, o se reflexo nas institucións, que moitas veces inflúen na memoria colectiva, ás obsesións, as reticencias, as distorsións, os esquecementos, os recordos da represión... Vivencias que enmarcan a relación que estas persoas tiveron co pasado. O estudo ilumina así o estado específico do testemuño oral como unha fonte histórica para que as voces destas testemuñas, hoxe moitas delas falecidas, atopen o seu lugar na historia. Marie-Pierre Bossan (1969, Francia). Licenciada en Filoloxía Hispánica e Doutora en Civilización Hispánica Contemporánea. Tras exercer de profesora de francés na escola de Maxisterio de Pontevedra é, dende 1999, profesora titular de lingua e civilización contemporánea española no Instituto Universitario Tecnolóxico da Universidade de Grenoble. Tivo responsabilidades académicas no CNU (ANECA) e é membro da Xunta do Grupo de Investigación sobre a imaxe no mundo hispánico. No ano 2000 creou o festival de cinema español e latinoamericano "Regards", en Valence, que é hoxe en día un referente na difusión da cultura hispánica en Francia.    

____

Editorial: FUndación Luís Tilve
Idioma: Galego