Memoria da Guerra Civil en Galicia. O caso de Pontevedra

15,00

Esta obra supón unha nova contribución ó estudo da historia da Guerra Civil en Galicia, froito do interese da súa autora pola historia oral nos anos 90, que a levaron a entrevistar a máis de 70 persoas, recollendo as súas vivencias durante a Guerra en Pontevedra.

Hay existencias

Estes relatos darían lugar a unha tese doutoral en 1998 que se publica agora por primeira vez en España e en galego. Nela analízase e se busca comprender o estado da Memoria 60 anos despois dos acontecementos, a súa evolución, o se reflexo nas institucións, que moitas veces inflúen na memoria colectiva, ás obsesións, as reticencias, as distorsións, os esquecementos, os recordos da represión… Vivencias que enmarcan a relación que estas persoas tiveron co pasado. O estudo ilumina así o estado específico do testemuño oral como unha fonte histórica para que as voces destas testemuñas, hoxe moitas delas falecidas, atopen o seu lugar na historia.

Marie-Pierre Bossan (1969, Francia).
Licenciada en Filoloxía Hispánica e Doutora en Civilización Hispánica Contemporánea. Tras exercer de profesora de francés na escola de Maxisterio de Pontevedra é, dende 1999, profesora titular de lingua e civilización contemporánea española no Instituto Universitario Tecnolóxico da Universidade de Grenoble. Tivo responsabilidades académicas no CNU (ANECA) e é membro da Xunta do Grupo de Investigación sobre a imaxe no mundo hispánico. No ano 2000 creou o festival de cinema español e latinoamericano «Regards», en Valence, que é hoxe en día un referente na difusión da cultura hispánica en Francia.

 

 

Peso 0.100 kg
Autor

Marie-Pierre Bossan

Idioma

Galego

Nº de páginas

360

ISBN

978-84-95773-31-9

Encuadernación

Tapa blanda

Año edición

2019

Editorial

FUndación Luís Tilve

Prazo de entrega