Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

MÉDICOS E MEDICAMENTOS. QUE NOS RECEITAN E POR QUE

por VV.AA.
€10,00
ISBN 9788416594117
Dende mediados dos anos corenta a práctica médica cambiou radicalmente. En menos de cincuenta anos pasouse de dispoñer de apenas unha ducia de medicamentos eficaces ao uso de miles de moléculas con finalidade terapéutica.

A explosión farmacolóxica, da que foi responsable en boa medida a industria farmacéutica, deu lugar a grandes avances no tratamento de enfermidades que antes eran mortais. Hoxe a prescrición constitúe a expresión terapéutica máis frecuente e de maior repercusión económica. Nun contexto de fonda crise económica, o importante peso do gasto farmacéutico e a percepción de que parte deste non responde a necesidades reais son, probablemente, os factores que sitúan o consumo farmacéutico no punto de mira dos xestores sanitarios. Semella este, polo tanto, un bo momento para a ollada —rigorosa e divulgativa— de dous especialistas que nos explicarán que nos receitan os médicos e por que.

____

Editorial: USC
Idioma: Gallego