MATRIARCAS. MULLERES EN PE DE VIDA

18,00

É un título que en primeira  instancia me fai pensar como é posible internarse con éxito no panorama das novidades en lingua galega –a súa segunda edición nun prazo de catro meses así o testemuña- a través dun proxecto autofinanciado e cunha distribución case artesanal, sempre e cando o libro se inspire nunha idea magnífica e que, ademais, goce de evidente operatividade na súa proxección
social como revela a vontade de darlle voz a quen, doutra maneira, non a tería.  Algo que resulta meritorio cando, por outra parte, o volume non ten doada adscrición xenérica –xornalismo, tratamento ficcional nalgúns casos, investigación….- nin tampouco conta con máis promoción que o boca-orella…

.

 

 

 

 

 

 

 

Solo quedan 1 disponibles

mais resulta evidente que un dos seus méritos é o de transmitir vivencias que furan, inequivocamente, a epiderme de quen goce da sorte de ter este libro nas mans pois, non teño dúbida, chega ao fondo e conmove.

En esencia, o traballo de Montse Fajardo compila o relato de dez vidas de mulleres provenientes de diversos lugares de Galicia que, na súa maior parte, viven sendo nenas ou mozas o tempo da posguerra e asumen á forza un papel protagonista no seo dos seus  entornos máis próximos, ás máis das veces nun contexto marcado pola miseria –social e material- e pola máis absoluta necesidade. As dez achegas vincúlanse entre si, malia as súas diferenzas, pois abrazan a fe na relevancia de salvagardar a memoria, do que ocorreu e non se esquece, xunto coa xenerosa defensa dos seus e da convicción permanente nuns principios, aínda que xustamente por eles fosen condenadas ao ostracismo. E desde esa instancia adóptanse decisións, en tantos casos raianas co heroico ou o epopeico, que nalgúns casos as conduciu ao camiño de traballar arreo, nos espazos máis proximos ou na emigración para fuxir, e non é metáfora, das gadoupas da fame.

É unha sorte coñecer todas as mulleres que aquí falan e os seus testemuños de vida polo que penso que é de lei deixar os seus nomes aquí: Gloria Lijó, Amalia Limeres, Pilar Iglesias, Waldina Pereira, Delia Núñez, Carmen Trigás, Luz Durán, Rosario Rodríguez,  Tareixa Navaza e Carmen Meaños. Asemade cómpre salientar a quen ideou o volume,  Montse Fajardo, que foxe de protagonismo e se limita, coma se estivese falsamente ausente, a reconstruír con afán narrativo os anacos de memoria destas mulleres. En todo aquilo que elas fixeron repousa a consecución de moitos dos dereitos sociais e laborais hoxe conculcados con impunidade polo que nestas páxinas subxacen modelos exemplarizantes de superación persoal a desvelar a realidade dun matriarcado que resultou fundamental en moitos casos para alicerzar a sociedade galega da posguerra. Daquela, os meus parabéns á autora pola súa iniciativa, tan necesaria, e a miña invitación a coñecer o seu traballo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Peso 0.1 kg
Autor

Montse Fajardo

Idioma

Galego

Nº de páginas

200

Año edición

2019

ISBN

9788493959937

Encuadernación

Tapa blanda

Editorial

Autor-Editor

Prazo de entrega

EXISTENCIAS

SI