Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

MARUXA BOGA. RECORDANDO A GALICIA

€20,00
ISBN 9788494771828
Maruxa Boga, é a principal locutora dos espazos radiofónicos galegos en Arxentina nos que divulgou infinidade de músicas xeradas na colectividade da emigración desde 1945, cando crea -seguindo a proposta que lle fixera Castelao- o programa Recordando a Galicia.

Maruxa Boga foi unha das mulleres máis emblemáticas da emigración galega, pioneira na radiodifusión e no ámbito artístico-musical. Nacida en Río da Prata en 1915 asumiu como propia a orixe galega dos seus pais (de Barbanza), participando desde nova da efervescencia cultural que caracterizaba a emigración de Arxentina. Desde a década de 1930 destacouse como intérprete musical e tamén como actriz na posta en escena de “Os vellos non deben de namorarse”, de Castelao. O seu primeiro contacto coa radio vén da man de Maruxa Villanueva, que en 1939 pensou nela para acompañala no proxecto de “Galicia”, a primeira radiorevista galega da emigración. Cando este espazo pechou, Maruxa Boga e o actor “Tacholas”, tomaron a iniciativa de apostar de novo por unha emisión de temas galegos e así naceu “Recordando a Galicia”, seguindo unha idea de Castelao. Pola súa calidade e audiencia o programa mantívose en antena desde 1945 ata 1984, o que o converte nun dos máis lonxevos da emigración. Polo estudo de “Recordando a Galicia” pasaron intelectuais, artistas e escritores como Castelao, Luís Seoane ou Manuel Colmeiro. Pero sobre todo a audición foi un lugar de difusión e posta en valor da música galega creada en Arxentina, contando co amplo fondo musical que lle proporcionaban as principais casas discográficas locais e coas actuacións ao vivo das principais agrupacións, compositores e artistas residentes.

____

Editorial: aCentralfolque
Idioma: Gallego