Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

MARUJA MALLO

€12,00
ISBN WP809
Artista revolucionaria, ousada e xenial, Maruja Mallo formou parte dos movementos de vangarda, xunto aos grandes nomes do momento, como Federico García Lorca, Rafael Alberto, Luis Buñuel ou Salvador Dalí, á vez que mantivo fortes lazos con Ortega y Gasset, María Zambrano e Pablo Neruda.

Editorial Trifolium, dentro da súa colección Contextos, ven de sacar do prelo a tradución ao galego do texto Maruja Mallo, do que é autor Ramón Gómez de la Serna. "Meiguiña nova", chamaba Ramón Gómez de la Serna a Maruja Mallo (Viveiro, Lugo 1902; Madrid 1995), porque, e así o escribe, "tiña algo de feiticeiro no que facía e era como unha meiga recente que baixaba do Norte despois de compor as cores nas olas de barro da súa misteriora cociña da aldea..." Artista revolucionaria, ousada e xenial, Maruja Mallo formou parte dos movementos de vangarda, xunto aos grandes nomes do momento, como Federico García Lorca, Rafael Alberto, Luis Buñuel ou Salvador Dalí, á vez que mantivo fortes lazos con Ortega y Gasset, María Zambrano e Pablo Neruda. Cercana ao surrealismo, transgresora da Xeración do 27, foi Maruja Mallo inxustamente valorada, ensombrecida polo seu doloroso exilio e seguramente, tamén, por ser unha muller adiantada ao seu tempo.

____