MARTIN CODAX

Martín Codax e os xograres do mar de Vigo

12,50

A literatura trobadoresca galego-portuguesa constitúe un dos tesouros que conforman o mellor legado da historia do noso país.

Hay existencias

Categorías: , Etiqueta:

Unha herdanza e unha crónica, ademais, que permanecen absolutamente vivas, na medida en que un bo número daqueles textos que compuxeron trobadores e xograres dá cumprida noticia de episodios, temáticas e lugares –velaí a ría de Vigo, a illa de San Simón…– que forman parte do noso devir cotián.Redactado con rigor e amenidade, “Martín Codax e os xograres do mar de Vigo” artéllase así como unha ferramenta especialmente axeitada para viaxarmos cara a aquela xeira en que os poetas de noso souberon compoñer cantares de amor, de amigo e tamén de burlas e ironías que seguen propiciando a atención máis activa. Cantigas e versos que non caducan.

Peso 0.100 kg
Autor

Xosé Ramón Pena Sánchez

Idioma

Galego

Nº de páginas

152

ISBN

9788491212904

Año edición

2017

Editorial

Xerais

Prazo de entrega

Inmediato (24 a 72 horas)