martin codax cantigas Galaxia

MARTÍN CODAX. Cantigas

24,00

Os versos dun dos máis coñecidos autores da lírica medieval galego-portuguesa. As cantigas de Martín Codax, que se cre que viviu en Vigo no século XIII, figuran entre as máis celebradas do noso cancioneiro medieval. Ondas do mar de Vigo, se vistes meu amigo?

Inclúe CD. Edición de Monteagudo, Herique

Sólo quedan 2 disponibles

Categorías: , Etiquetas: ,

Ondas do mar de Vigo,
non vistes o meu amigo?
Ai Deus, e virá cedo!
Ondas do mar levado,
non vistes o meu amado?
Ai Deus, e virá cedo!
Non vistes o meu amigo,
por quen eu suspiro?
Ai Deus, e virá cedo!
Non vistes o meu amado,
por quen paso gran coidado?
Ai Deus, e virá cedo!
……………………
Ai ondas que eu vin ver,
non me saberedes decer
por que tarda o meu amigo sen min?
Ai ondas que eu vin mirar,
non me saberedes contar
por que tarda meu amigo sen min?
Con motivo da celebración da aparición do Pergamiño Vindel, a Real Academia Galega, o Parlamento e a Xunta Galicia, agasállanos cunha edición conmemorativa, na que se recollen as cantigas, o Pergameo, e a interpretación musical que delas fai o Grupo de Música Antiga Martín Codax, titulada “Martin Codax. Bañarnos emos nas ondas! As sete cantigas / O Pergamiño Vindel”

Segundo nos explican no libro Xesús Alonso Montero, Henrique Monteagudo e Giuseppe Tavani, atopámonos perante unha descuberta singular que se lle debe ao libreiro e anticuario Pedro Vindel, quen, fai agora cen anos, mentres folleaba un códice de Cicerón, viu que estaba forrado cun pergamiño. Vindel sabía ben que moitos pergamiños medievais que se consideraban carentes de interese, eran empregados con moita frecuencia para serviren de forro para  códices. Cando o desprendeu atopouse cunha “folla de aproximadamente 34 por 45 centímetros, a catro columnas, en pulcra caligrafía gótica redonda, estaban transcritas  sete cantigas de amigo en galego, seis delas acompañadas da notación musical correspondente; no recanto superior esquerdo, en letras vermellas, líase o nome do autor: Martin Codax. Vindel deduciu axiña, sobre todo polo tipo de letra empregado, que se trataba dunha copia realizada a finais do século XIII ou primeiros do XIV.”

Como se di nesta fermosa edición “Non podemos, pois, máis ca congratularnos por esta feliz iniciativa, na que se dan a man a poesía e a música, e que culmina nun precioso volume, esplendidamente ilustrado con miniaturas elaboradas tamén no noso chan, naquel abraiante século XIII en que en Galicia, coa súa lingua propia, co seu xenio literario, coa súa música, co florecer da súa arquitectura, coas súas artes todas, se definía como unha cultura de seu, labrando un camiño de estrelas que irradiaba o seu brillo por todo o Occidente europeo.”

Peso 0.500 kg
Autor

Martín Codax

Idioma

Galego

Nº de páginas

68

ISBN

9788482881898

Año edición

2017

Editorial

Galaxia

Prazo de entrega

Inmediato (24 a 72 horas)