Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

MARÍA VICTORIA MORENO. SEMENTADORA DE FUTURO

€15,00
ISBN 9788491213352
O presente volume relata a traxectoria biográfica de María Victoria Moreno, a autora homenaxeada co Día das Letras Galegas 2018, e percorre o seu labor pioneiro no arrinque e asentamento da literatura infantil e xuvenil.

Nas súas obras introduciu valores universais e intemporais, ademais de amosar o seu talento para a creación de historias e personaxes aos que retrata poñéndose na súa pel, esculcando no seu interior e plasmando as súas inquedanzas ao se ter que enfrontar á madureza. Galega de feito e de corazón, falante comprometida dunha lingua aldraxada, escritora que elixiu orientar a súa carreira a se comunicar cos máis novos a través da docencia e a literatura, profesora feliz de selo, mestra de mestres, tradutora, libreira, ensaísta e conferenciante, sementadora de futuro que soñou un mundo mellor para os que veñen detrás... "María Victoria Moreno. Sementadora de futuro", de Isabel Soto e Xavier Senín, é o volume de referencia sobre a protagonista desta biografía, cuxo nome, obra e activismo merecen ser divulgados e recoñecidos.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego