Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

MANUEL ANTONIO. VIDA E MISTERIO DUN POETA GALEGO

€12,50
ISBN 9788491511625
O poemario De catro a catro é un dos grandes enigmas da literatura galega case cen anos despois da súa publicación.

O seu autor, Manuel Antonio, que se converteu nun mito literario e nun símbolo da vangarda artística, tamén é un dos grandes misterios da cultura galega. Nesta biografía, Xosé Ricardo Losada intenta resolver os enigmas que envolven a figura do poeta nunha aura sublime e, ao tempo, revolucionaria. Por esa razón, investigar e narrar a vida de Manuel Antonio son a mesma cousa, porque só a través da literatura se pode chegar a descifrar unha vida literaria. Co pulso áxil e intuitivo do narrador e coa querenza rigorosa e insistente de quen pescuda ata esclarecer os feitos, o biófrafo consegue introducirse na vida, compartir as ansias e pesadumes, os sentimentos e as ideas, descubrir os logros e fracasos do poeta. Máis alá das múltiples máscaras e máis alá dos mitos, destas páxinas xorde un Manuel Antonio vivo e real, o fillo e o mariñeiro, o aventureiro e o lacazán, o poeta e o ser humano xuntos, sen mistificacións.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego