Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

MANUEL ANTONIO. UNHA VIDA EN REBELDÍA

€19,00
ISBN 9788491211884
O título desta biografía quere ser metáfora dun camiño de risco –a rebeldía– para ir na procura da maior liberdade posible: Manuel Antonio elixe unha opción política minoritaria –o nacionalismo das Irmandades– cando a tradición familiar lle podería reservar un lugar de privilexio nas ringleiras dos poderosos partidos «turnantes».

Manuel Antonio embarcou en 1926 no Constantino Candeira para navegar a vela os douscentos días de mar preceptivos na procura dun medio de vida. E desembarcou ao ano seguinte, sen traballo pero consagrado como poeta. Esa foi a consecuencia lóxica da súa firme vontade de querer ser escritor, un anhelo que atravesou e anoou a vida e a obra do rianxeiro.O título desta biografía quere ser metáfora dun camiño de risco –a rebeldía– para ir na procura da maior liberdade posible: Manuel Antonio elixe unha opción política minoritaria –o nacionalismo das Irmandades– cando a tradición familiar lle podería reservar un lugar de privilexio nas ringleiras dos poderosos partidos «turnantes». E aspira, perigosamente, a un lector laborioso e esforzado intelectualmente, porque deste xeito poderá ofrecerlle textos onde non falten as dificultades e os procedementos experimentais –léxicos, rítmicos, gráficos e tipográficos– que un escritor ambicioso poida propoñer. Deste xeito, liberado da crítica e do lector tradicional instalado na estética dominante, Manuel Antonio camiña sen reservas polo vieiro experimental e innovador. En liberdade

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego