Máns salgadas

49,00

Mans salgadas é un libro excepcional, un libro de fotografías sobre o mar e sobre a pesca realizadas polo fotógrafo Javier Teniente, un libro que supón unha auténtica radiografía creativa da identidade mariñeira de Galicia.

Solo quedan 1 disponibles

Categorías , Tag:

De babor a estribor, de barlovento a sotavento, de popa a proa, o país está cruzado polo mar. Este mo numental documento, esta vivísima obra de arte que é o libro de Javier Teniente penetra ese corazón mariño de Galicia e das súas xentes do mar. As de Javier Teniente son fotos cargadas de humanidade, de vida, de intensidade. O seu mar é un mar profundamente humano, doloroso e dolorido. Dos estaleiros á ardora da sardiña, do Gran Sol á costeira do bonito, dos estibadores aos percebeiros, do marisqueo á lonxa, Mans salgadas percorre todo o ciclo do mar, arrastrándonos ás súas entrañas cun certeiro golpe de vista, cun oportuno golpe de mar. Mans salgadas leva un prólogo do escritor Fran Alonso, en versión trilingüe (galego-inglés-castelán) onde fai un percorrido literario polo mar a través da súa memoria persoal e familiar, o mar «desa Galicia que cheira a sal, ten ollos de mascato e mans de peixeira», ese mar que é «o mellor contador de contos que ninguén teña oído nunca», un mar que hoxe está a estragar esta desgraciada e salvaxe marea negra que deterioria gravemente as costas galegas e o seu sector pesqueiro.

Peso 0.999 kg