Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

MÁIS CONTOS EN CANTOS

Agotado
€22,00
ISBN 9788498715354
Libro + CD Os contos ábrennos os ollos, axúdanos a comprender mellor o mundo que nos rodea, transpórtannos a outras realidades e permíten que viaxemos a outros países... sen saírmos da casa!

A escolma de contos populares e de autor baseada no fondo editorial de OQO, ábrenos tamén as orellas. A nova achega Máis contos en cantos mestura literatura, imaxe e estilos musicais diversos para que cativos, e non tan cativos, gocen da lectura, do son e da estética. Os lectores poderán cantar e bailar ao son do reggae con A Máscara do león, do rock con Carabuñas, da rumba con Picurruchos, da polca con Maruxa ou atreverse cun corrido mexicano con A voda de Galo Pinto. Se achegaran a música tradicional portuguesa da man a avoíña protagonista de Corre, corre cabaciña e, con A figueira de Pelostortos, atoparán a música de terror. Viaxaran con Chocolata á cidade para visitar os baños, mais farano cantando. Faranse amigos de Tartaruga, unha das protagonistas de A mellor sopa do mundo, e coñecerán os animais do bosque que se acubillan na súa casa. A canción acumulativa de A princesa do Caurel permitiralles memorizar facilmente a letra e, se cadra, inventar unha danza para completala. Páxina a páxina, a voz de Almudena Janeiro levará os lectores a unha nova canción acompañada polas imaxes dos contos orixinais. O paxariño da cuberta, creado por Borja Guerrero, convida os lectores a mergullarse neste libro- CD cheo de melodías e imaxes para gozar, ao tempo, dos sons e da lectura. Contos a pedir de orella!

____

Editorial: OQO editora
Idioma: Gallego