LUIS RUEDA

19,90

A segunda metade da década dos cincuenta e a primeira dos sesenta son a época dourada da fotografía concursista e das asociacións fotográficas, dando lugar a unha serie de fotógrafos…

Hay existencias

Category: Etiquetas ,

… que baixo a perspectiva actual resultan moi interesantes, tanto polo seu valor documental como porque definen unha estética propia. Un dos máis significativos é sen lugar a dúbidas Luis Rueda, membro fundador con Valentín Roldán, César Quijada, Belló, Vega e Vivancos da “Agrupación Fotográfica Lucense de Educación e Descanso”, na que participa activamente.

Luis Rueda nace en La Habana no ano 1921. Cando contaba cinco anos a súa familia regresa a Monforte onde vive ata que vai estudiar maxisterio a Lugo. No ano 1941 escomenza a dar clase, empezando nese mesmo ano a realizar fotografías. As primeiras realizaraas coa intención de gardar recordos e os seus temas serán as paisaxes o traballo no campo, as feiras. Posteriormente, e debido á súa profesión de mestre e profesor de Educación física, centrarase fundamentalmente en fotografar aos nenos, e dunha forma moi especial os seus xogos. “Interesábame captar a expresión do neno. Cada un ten a súas características. Eu estudiaba o neno…”.

No período 55- 72 é cando desenvolve maior actividade e realiza a súa obra máis interesante. Tira fotografías dunha forma constante indo sempre acompañado, como recordan os seus amigos, da Rollei ou da Iko-Flex( a súa preferida porque lle daba máis dureza na definición da imaxe). “… levábaa incluso a clase por se xurdía algo no recreo”. As copias realizábaas, como era costume nos afeccionados daquel momento, en papel 30 x 40, o que lle obrigaba a cortar parte do negativo e permitíalle “eliminar as partes que non eran esenciais, as masas que distraen a vista e que fan que non se dirixa ao obxectivo principal”.

Todos os fotógrafos das agrupacións fotográficas lle concedían especial atención ao laboratorio, pasando moito tempo tanto nel como, como no intercambio de técnicas con outros fotógrafos. Sen embargo Rueda non dispón nin sequera de laboratorio na súa casa polo que as súas copias realízaas Vivancos, primeiro presidente da agrupación fotográfica establecido profesionalmente co nome de Juanjosé, nuns tempos en que polo revelado do rolo e as 12 copias en pequeno pagaba 10 pesetas. Antes de realizar as copias discutía minuciosamente os cortes con Vivancos e Cesar Quijada.

A maioría das fotografías eran realizadas, como facían todos os afeccionados nese momento, para concorrer aos concursos, que na súa opinión eran un estímulo. Dunha forma moi especial para presentalas á “foto de la semana” que era un concurso interno dos membros da sociedade lucense que se realizaba semanalmente e no que a gañadora exhibíase na Praza Maior. Algúns dos concursos exixían que se mandara o negativo, polo que hoxe non dispón dalgún dos negativos que no seu momento foron dos que máis lle interesaban. Os membros da sociedade de Lugo relacionábanse menos cos do resto das sociedades galegas, que os de Coruña e os de Vigo. Sen embargo conocía as fotos de Veiga Roel, recordando positivamente as súas paisaxes, en cambio as de persoas parecíanlle demasiado escenificadas. Aínda que Rueda afirma que a el o que lle interesa é a espontaneidade, algunhas das dos nenos suxiren certa preparación tamén. As fotografías de Rueda pódense considerar como máis atrevidas formalmente que a dos demais membros das sociedades. Así usa picados , contrapicados, composicións en diagonal …..recursos que décadas atrás tiña introducido a Novavisión.

O mundo dos nenos dos anos cincuenta como claramente mostran estas fotografías era claramente diferente do actual, non só polas formas diferentes de vestir ou de cortarse o pelo, senón tamén polos propios xogos. Tempos nos que o nivel de consumo era ben diferente ao actual, tempos nos que os nenos tiñan que, en moitos casos contruir os seus propios xoguetes, como os nenos da foto que fan un chiflo de madeira de amieiro.

Hoxe cando vemos estas fotos con obxectos que recordan o noso pasado, estimulan a nosa memoria, restituíndo ao presente todo aquel “tempo perdido”, anulado pola distancia e pola rapidez con que cambia a nosa sociedade. dentro desta evidencia o mellor como decía Barthes é “pechar os ollos e deixar que os detalles que nelas aparecen suban a nosa conciencia afectiva”.

Manuel Sendón

Xosé Luis Suárez Canal

Peso 0.200 kg
Autor

Luís Rueda

Idioma

Galego, Inglés

Nº de páginas

64

ISBN

978-84-87882-01-3

Encuadernación

Tapa dura

Año edición

1991

Editorial

CEF

Prazo de entrega