pianista solista e acompañante, membro de agrupacións camerísticas, director de tuna, orfeón e banda de música, dinamizador cultural e pedagogo, entre outros. Ademais, foi herdeiro dos ideais rexionalistas e un bo coñecedor dos principais discursos identitarios e intelectuais xerados ata 1936, destacando a súa relación con algúns membros das Irmandades da Fala. Pero, sen dúbida, despuntou polo seu labor como director da banda de música La Lira de Ribadavia, unha actividade que o converteu nun auténtico mito musical e que marcou a etapa central da súa vida. O libro compleméntase con dous anexos: por un lado, o catálogo máis completo posible do autor e, por outro, a recuperación de tres das súas obras para banda de música:
Boris. marcha de procesión