Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

LÚAS DE NÁCARA

€12,15
ISBN 9788483029633
Lúas de nácara son cinco relatos unidos todos eles por estar feitos coa materia dos soños, do amor e da soidade, ambientados nesas horas de nácara en que as sombras cobran luz. Un libro para os lectores e lectoras que se atreven a sorprenderse e emocionarse.

O xardineiro Cosme traballa so as lúas de nácara, cando as sombras cobran luz e os amantes soñan con ser camelias e florecer mesmo no inverno. Henrique Bouzas, un emigrante retornado, acode a unha cita nos xardíns do sur para pagar a débeda que o seu avó mantiña cun dos seus familiares. Os refachos de néboa no camiño devolven o amor perdido á peregrina. Víctor, un xove escultor múdase ao Residencial Cero, unha novidosa urbanización de apartamentos sen fiestras nin portas que reúne soidades e constrúe un novo pensamento. Os médicos do servicio de urxencias diagnosticáronlle que o seu corazón fuxira do seu corpo...

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego