Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

LOS NORMANDOS EN GALICIA DURANTE EL SIGLO X

€17,90
ISBN 9788484088578
Antecedentes, naves, itinerarios, obispos y castillos

A primeira incursión data dun século antes, cando en agosto de 844 unha primeira expedición, cando os nórdicos atacaron o Farum Brecantium, que adoita identificarse coa Torre de Hércules. A lenda di que o bispo Gonzalo conseguiu rexeitar aos invasores, desatando unha tempestade coas súas oracións. Máis tarde, en 858, regresarían os viquingos, desta volta arrasando a ría de Arousa, Iria Flavia e poñendo sitio a Compostela, onde os veciños pagaron para que se levantase o cerco. Volverían en 951 e 964. Nesta última visita atacarían Mondoñedo, sendo rexeitados polo bispo Rosendo de Celanova. E así chegaríamos a segunda grande ondada viquinga, xa a finais do século X. Na que está implicada a familia de Harald Blatand. Porque, en 968, chega a Galicia un seu sobriño, chamado Gudrød ou Gunrod. Nas crónicas galegas aparece como Gunderedo. Desta volta, os viquingos estaban en Normandía e recibiron a suxerencia de conquistar Galicia, “esa terra tan rica da que tanto falan os peregrinos”. Gunderedo era sobriño de Harald Blatand e irmán de Harald Eirikson, alcumado ‘pel gris’, que chegaría a ser rei de Noruega ata ser sucedido polo seu tío Blatand, que unificou este reino co de Dinamarca. Gunderedo chegou a Galicia con duascentas naves e do seu carácter temible fala o feito de ser fillo do rei Erico I, alcumado ‘Machada Sanguenta’. Parte dos invasores viquingos saquearon a ría de Arousa, mentres outros atacaban a diócese de Bretoña. En Santiago, o bispo Sisnando saíu ao seu encontro, pero non conseguiu detelos, morrendo na terrible batalla de Fornelos o 29 de marzo de 968 . Co país rendido á ferocidade viquinga, os invasores saquearon Galicia enteira, chegando ata o Courel. Só en Lugo o bispo Hermexildoconseguiu contelos. Cando Gunderedo xa regresaba á súa terra, cargado cos tesouros saqueados, saíu ao seu encontro o conde Gonzalo Sánchez, que os derrotou, deu morte a Gunrod e conseguiu queimar parte das súas naves.

____

Editorial: Andavira
Idioma: Castellano