los normandos en galicia

los normandos en Galicia durante el siglo X

17,90

Antecedentes, naves, itinerarios, obispos y castillos

Hay existencias

Categorías: , , Etiqueta:

A primeira incursión data dun século antes, cando en agosto de 844 unha primeira expedición, cando os nórdicos atacaron o Farum Brecantium, que adoita identificarse coa Torre de Hércules. A lenda di que o bispo Gonzalo conseguiu rexeitar aos invasores, desatando unha tempestade coas súas oracións.

Máis tarde, en 858, regresarían os viquingos, desta volta arrasando a ría de Arousa, Iria Flavia e poñendo sitio a Compostela, onde os veciños pagaron para que se levantase o cerco.

Volverían en 951 e 964. Nesta última visita atacarían Mondoñedo, sendo rexeitados polo bispo Rosendo de Celanova.

E así chegaríamos a segunda grande ondada viquinga, xa a finais do século X. Na que está implicada a familia de Harald Blatand. Porque, en 968, chega a Galicia un seu sobriño, chamado Gudrød ou Gunrod. Nas crónicas galegas aparece como Gunderedo.

Desta volta, os viquingos estaban en Normandía e recibiron a suxerencia de conquistar Galicia, “esa terra tan rica da que tanto falan os peregrinos”. Gunderedo era sobriño de Harald Blatand e irmán de Harald Eirikson, alcumado ‘pel gris’, que chegaría a ser rei de Noruega ata ser sucedido polo seu tío Blatand, que unificou este reino co de Dinamarca.

Gunderedo chegou a Galicia con duascentas naves e do seu carácter temible fala o feito de ser fillo do rei Erico I, alcumado ‘Machada Sanguenta’. Parte dos invasores viquingos saquearon a ría de Arousa, mentres outros atacaban a diócese de Bretoña. En Santiago, o bispo Sisnando saíu ao seu encontro, pero non conseguiu detelos, morrendo na terrible batalla de Fornelos o 29 de marzo de 968 .

Co país rendido á ferocidade viquinga, os invasores saquearon Galicia enteira, chegando ata o Courel. Só en Lugo o bispo Hermexildoconseguiu contelos. Cando Gunderedo xa regresaba á súa terra, cargado cos tesouros saqueados, saíu ao seu encontro o conde Gonzalo Sánchez, que os derrotou, deu morte a Gunrod e conseguiu queimar parte das súas naves.

Peso 0.200 kg
Autor

Fernando Alonso Romero

Idioma

Castellano

Nº de páginas

188

ISBN

978-84-8408-857-8

Año edición

2018

Editorial

Andavira

Prazo de entrega

Inmediato (24 a 72 horas)