Literatura en galego no alborexar do século

12,00

Literatura en galego no alborexar do século recompila recensións críticas publicadas entre o anos 2003 e 2009 no suplemento literario “Faro da Cultura” do Faro de Vigo, “Culturas” de La Voz de Galicia, A Nosa Terra,Guía dos Libros Novos e o Cartafol de Libros do portal Vieiros, do que o autor foi coordinador.

Hay existencias

Category:
 Son 41 artigos sobre libros de poesía, de narrativa e de ensaio, que o crítico avalía cunha mirada desprexuizada e ás veces mordaz, mais tamén emocionada ante achados de valía. Sen dúbida, esta compilación será de interese para o lector –especializado ou non– que desexe coñecer dunha rápida ollada o máis salientable da produción literaria en galego da primeira década do século XXI.
Peso 0.1 kg