libro dos oceanos

O libro dos océanos

21,50

Cun deseño atractivo e informativo, e textos ben documentados, co apoio científico da German Ocean Foundation,  un retrato detallado que nos permite comprender mellor as relacións que existen entre a actividade humana e os cambios que sofre o mar, un retrato que, alén de convidar á reflexión, se converte nun recurso para a acción.

Hay existencias

Categorías: , Etiquetas: ,

Verteduras de petróleo, sobrepesca, illas de refugallos plásticos… Hai tempo que os nosos mares deixaron de ser fonte de saúde, alimento e benestar. Nas últimas décadas, a contaminación e o espolio dos océanos aumentaron de forma notable. Mais cal é o auténtico estado do meirande ecosistema da Terra? Malia levarmos vivindo dende sempre do mar e co mar, hoxe en día segue a ser un dos territorios máis descoñecidos do planeta. Esta falta de coñecemento podería converterse na ruína do océano e, en consecuencia, na ruína do ser humano.

Que ameaza o mar?

Accidentes en plataformas petrolíferas, remuíños de refugallos plásticos, sobrepesca…: hai tempo que os mares deixaron de ser unicamente lugares de saudade e paraísos vacacionais; nas últimas décadas, a contaminación e o espoliación aumentaron de forma notable. Pero como lle vai en realidade ao meirande ecosistema da Terra? Malia que levamos dende sempre vivindo do mar e vivindo co mar, hoxe en día segue a ser un dos últimos territorios descoñecidos do planeta. Se até a Lúa está mellor investigada que as xigantescas masas de auga que tan importantes son para a Terra.

Precisamente esta falta de coñecemento podería converterse na ruína do océano, e a nosa ruína! Para poder protexer este ecosistema tan sensible cómpre que entendamos mellor as relacións que existen entre a acción humana e os os cambios que sofre o biótopo mariño. Con este obxectivo, O libro dos océanos fai un completo retrato dos riscos e das oportunidades que permite ver claramente as relacións e interdependencias. Inclúe 45 gráficos de deseño atractivo e fáciles de comprender.

 

Peso 1.000 kg
Autor

Esther Gonstalla

Idioma

A Gramola Gominola, Alberte Blanco, Alberto Mussa, Antom Labranha, Antonio Míguez Macho, Beto Luaces, Castellano, Elisa Nicoli, English, Erica Maradona, Galego, Inglés, John Boyne, Jorge Emilio Bóveda, José Carlos Lorenzo Tomé, José Carlos Ñorenzo Tomé, Marco Somà, María Alonso Alonso, Patricia Castelao, Virginia Castro Hierro, VV.AA., Xosé A. Fernández Salgado

Nº de páginas

134

ISBN

978 84 945917 9 2

Año edición

2018

Editorial

Catro Ventos

Prazo de entrega

Inmediato (24 a 72 horas)