LEANDRO CARRÉ. UN SÉCULO DE CULTURA E COMPROMISO

22,00

Este libro revisa a historia literaria e cultural desde o século XIX, á luz dos contributos do grupo coruñés, un colectivo que construíu un relato galeguista enfrontado coa proposta oficial.

Outra historia do galeguismo, distinta á oficial.

Hay existencias

Categorías , Etiquetas ,

Este volume recupera a figura esquecida de Leandro Carré Alvarellos (A Coruña, 1888-1976)  e a inxente labor cultural do galeguismo coruñés, dende o século XIX ata o período democrático.

A obra estuda a súa produción atendendo aos diferentes xéneros literarios, integrando de xeito cronolóxico a obra editada e a inédita. Ao tempo considérase o contexto sociolóxico de cando foi creada e a recepción de crítica e público.

O autor fixo un seguimento da crítica na prensa ou noutras fontes que puidesen achegar datos, co fin de encadrar o estudo das obras nun marco de análise sociolóxica, interdisciplinar e coa teoría literaria máis acaída.

UNHA REVISIÓN DA CULTURA GALEGA DENDE O SÉCULO XIX

Do mesmo xeito, tratouse a extensa obra ensaística deste polígrafo con vocación de activista cultural. Detívose na investigación da literatura popular, da etnografía, do folclore, as tradicións, as lendas ou a mitoloxía galega. Amais  da reivindicación cultural ou lingüística; outra actividade importante foi o labor institucional. Alén disto está o servizo de Carré Alvarellos á filoloxía galega, un eido ao que dedicou esforzos e contributos desde a primeira década do século XX até o derradeiro artigo que escribiu.

En Leandro Carré. Un século de cultura e compromiso Xosé Manuel Maceira Fernández revisa a historia literaria e cultural desde o século XIX, á luz dos contributos do grupo coruñés, un colectivo que construíu un relato galeguista enfrontado coa proposta oficial.

Año edición

2014

Autor

Xosé Manuel Maceira Fernández

Editorial

Alvarellos

Idioma

Galego

Nº de páginas

633

ISBN

978-84-89323-53-7